Noticias
Noticias e eventos relacionados coa Tropaverde
12
Outubro
- 12 Outubro 2021
Estamos a consumir peixe contaminado polos residuos electrónicos que enviamos a África
Quen non ten un móbil, unha tableta e, mesmo, un coche eléctrico? Quen non se queixa cando os seus aparellos electrónicos comezan a cargar peor e a diminuír a durabilidade das súas baterías? Cada canto tempo cambiamos os nosos dispositivos electrónicos?
Pero quen sabe como e de onde proceden os materiais necesarios para fabricar esas baterías? Quen sabe que pasa cos dispositivos que tiramos?
11
Outubro
- 11 Outubro 2021
Cambio climático: a metade das praias de area do mundo poderían desaparecer en 2100
En España, o retroceso das praias estímase que será de 86 metros se non se toman medidas para conter a crise climática.
Se non se toman medidas para mitigar o cambio climático, case a metade das praias de area do mundo poderían desaparecer en 2100 a causa do quecemento do planeta, segundo sentenza un novo estudo publicado este luns na revista científica Nature Climate Change. Con todo, se se actúa esta previsión poderíase reducir nun 40 %.
Ver máis
8
Outubro
- 8 Outubro 2021
Denuncian o «devastador impacto» da gandería industrial sobre o planeta
A carne é barata nos supermercados, pero o dano ao clima, aos animais, á saúde e aos granxeiros é inmenso. Os expertos piden un cambio de rumbo, consideran indispensable unha drástica rebaixa do consumo. O ‘Atlas mundial da carne’ deste ano afirma: o impacto da gandería industrial sobre o medio ambiente está a ser devastador. É un dos principais responsables da crise climática.
É a principal conclusión do Atlas, elaborado a Fundación Heinrich Böll, as organizacións ecoloxistas BUND e Amigos da Terra Europa e a revista ‘Le Monde Diplomatique’, con apoio financeiro da Unión Europea (UE).
Ver máis
7
Outubro
- 7 Outubro 2021
O cambio climático ameaza xoias naturais únicas no mundo
Dos máis de mil enclaves declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco, 218 son espazos naturais. Nesta selecta lista inclúense hábitats básicos para a conservación de especies animais e vexetais únicas, formacións xeolóxicas e fisiográficas incomparables e cun valor universal pola beleza que preservan.
6
Outubro
- 6 Outubro 2021
Piden reorientar o diñeiro investido en incendios a mellor xestión forestal
España destina elevadas cantidades de diñeiro cada ano para loitar contra os incendios forestais, pero debería reorientar ese investimento e dedicar máis recursos a unha mellor xestión para previr e reducir o custo de apagar os lumes, insistiron a Efe varios especialistas.
5
Outubro
- 5 Outubro 2021
Holanda propón plans radicais para reducir o número de cabezas de gando en case un terzo
Os agricultores holandeses poderían verse obrigados a vender terras e reducir a cantidade de animais que manteñen para axudar a reducir a contaminación por amoníaco.
4
Outubro
- 4 Outubro 2021
Ecoloxistas en Acción alertan da mala situación de augas das Rías Baixas
Os últimos informes do Ministerio para a Transición Ecolóxica mostran zonas moi contaminadas da contorna de Vilagarcía e da ría de Vigo