Unha deseñadora galega revoluciona o mobiliario urbano a partir de refugallos plásticos

Non ten unha variña máxica. Pero si anos de experiencia como deseñadora e ganas de innovar. O seu traballo consiste en converter o lixo en algo bonito. En reciclar residuos de plástico e transformalos en elementos típicos do mobiliario urbano como bancos, xardineiras, papeleiras ou tapas de sumidoiro.

13db087dfe01de9b6f93d9e98e20c03bb4a55616
A emprendedora coruñesa Xema Neira Surribas (A Coruña, 1973),  CEO da empresa Cholita, encárgase de dar unha segunda vida aos plásticos que terminan nas entulleiras. “Cada semana chéganos un residuo e experimentamos con el para crear algo útil”, explica. As materias primas dos seus deseños son envases de  yogurt, bolsas, botellas, tapóns ou blísteres de medicamentos que os cidadáns refugan no contedor amarelo.

Eses plásticos rescátaos da planta de xestión e tratamento de residuos urbanos de Sogama, situada en Cerceda (A Coruña). Tamén, para as súas creacións, conta co lixo mariño que os operarios da recicladora Galicimplas recollen por todos os portos de Galicia. “As redes de pesca dan moita calidade ao produto final”, asegura Neira. É nesta última planta, a de Galicimplas, situada no municipio das Somozas (A Coruña), onde leva a cabo a revolución verde. Alí reciclan todos eses plásticos. Primeiro os  trituran, logo sepáranlles os metais e despois convértenos en pezas moi pequenas, similares ao tamaño dun pellet. Posteriormente, eses plásticos agrupados entran nunha máquina  extrusionadora que os funde, creando listóns e ferros. É neste proceso cando o plástico transfórmase nun material novo.  

Ese material novo que se crea a partir de plásticos foi bautizado como ‘one non wood’ (‘unha non madeira’). E por que foi chamado así? Pois porque, segundo explica Neira, é un material que ten todas as características da madeira pero que, a diferenza dela, non podrece. “Trabállase nunha carpintería, pero ten a vantaxe de que resiste á intemperie e á humidade”, conta. Este material 100% reciclaxe é, ademais, reciclable. “Se fas con el unha xardineira e cánsaste dela, sempre podes fundila e facer outra cousa. Non che parece fantástico que un material que ía queimarse ou a enterrarse nunha entulleira póidase transformar e ter infinitas vidas?”, pregunta esta empresaria con entusiasmo.

Xema Neira leva 20 anos traballando no ámbito do  ecodiseño. Tras triunfar coas súas famosas Cholitas, os bolsos feitos por redeiras galegas a partir de redes recicladas, esta empresaria aposta agora polo equipamento urbano. Concellos galegos como os coruñeses de Boiro, Cambre e Sada e o pontevedrés de Vilagarcía de Arousa xa contan nas súas rúas con mobiliario 100% reciclaxe. Tamén preguntaron por este orixinal proxecto desde a Comunidad de Madrid, a Comunidade Valenciana e Murcia. “Facemos bancos, papeleiras, xardineiras, alcorques, bolardos, pasarelas, fachadas ventiladas, tellas… E agora o que son un bum son as tapas de sumidoiro”, explica Neira.

Para facer unha tapa de sumidoiro é necesario reciclar uns 40 quilos de lixo plástico. Este elemento, lonxe de ser feble, é moi resistente. “Soporta ata 40 toneladas de peso, o que esixe a normativa europea”, asegura esta deseñadora galega. O novo material ten algo que o fai moi atractivo: elimina o ruído que provocan as tradicionais tapas de ferro.

Este material que nace ao fundir diferentes plásticos non é algo novo. “Hai xa moitos anos que o coñecín en Alemaña. Alí utilízano para fabricar pezas de construción e conseguen transformar unhas 100.000 toneladas de lixos ao ano”, conta. Tamén traballou con el noutra planta  ecicladora de Cataluña. “Pero antes non había esta aposta pola sustentabilidade, críanse que era algo como de segunda man”, explica.

Con todo, a filosofía actual é distinta e cada vez son máis os concellos que queren apostar pola sustentabilidade introducindo nos seus mobiliario elementos feitos con este material. O lixo que se recolle nas cidades e pobos volve a eles pero, esta vez, en forma, por exemplo, dun banco.

Artigo traducido ao galego dende Gestoresderesiduos. Consúltao aquí.
Foto: Cholita
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando