@s máis peques de Cambados aprenden sobre a xestión dos biorresiduos !
O Concello de Cambados realizou este mes unha campaña de sensibilización nos centros escolares do municipio para informar aos máis novos sobre a necesidade de xestionar os birorresiduos.
As sesións xa foron impartidas aos alumnos dos colexios de San Tomé, Castrelo e Corvillón. Alí, os alumnos de quinto e sexto de Primaria recibiron información para que sexan conscientes da importancia do tratamento dos residuos e de como se vai a mellorar neste aspecto na súa localidade.
As tres R
Os escolares cambadeses coñeceron, por exemplo, a regra das tres R (reduce, reutiliza, recicla) e tamén os contidos dos proxectos Cambados limpo e Biorresiduos de Cambados, que puxeron en marcha as concellerías de Obras e Servizos e de Medio Ambiente.
«Con esta campaña, a través da difusión activa dos máis pequenos queremos trasladar a toda a poboación cambadesa a necesidade de reducir, reutilizar e reciclar os recursos, potenciar o uso dos puntos limpos establecidos, tanto móbiles como fixos, ou proceso de compostaxe e as campañas de fidelización e premios locais polas accións medioambientalmente comprometidas e positivas», indica o concelleiro de Servizos Samuel Lago (PSOE).
Imaxe por CDC en Unsplash.
Voltar o listado