Retiran 3 toneladas de residuos nunha limpeza entre Cambados e O Grove
O programa Plancto activou o traballo de 140 voluntarios

O proxecto Plantcon, desenvolto por Afundación e Abanca, despregou o venres pasado un novo operativo de limpeza na ría.
Neste caso, na enseada de O Bao, entre O Grove e Cambados. As brigadas de traballo despregáronse na Toxa e nos lugares de Correlo e Insuíña: ao redor de 140 persoas traballaron neses tres puntos e lograron retirar ata tres toneladas de lixo.
Nesta ocasión retiráronse numerosos restos de cerámica, algo que non resulta estraño se temos en conta que a costa está, nese punto, chea de vellas fábricas de tellas. Artes de pesca, envoltorios e botellas e todo tipo de restos téxtiles completaron o botín.
Foto de Thirdman en Pexels
Voltar o listado