Protexer aos animais para salvagardar a súa existencia

O día 4 de outubro celébrase o Día Mundial dos Animais co obxectivo de reivindicar a importancia de protexer a todas as especies de animais e condenar calquera tipo de abuso ou acción que poña en risco a biodiversidade do planeta.

48cc00987d68183a5c19b94e713773b4cef931b2
O 4 de outubro celébrase o Día Mundial dos Animais que coincide coa festividade de San Francisco de Asís. Foi este santo quen, pouco antes de morrer o 3 de outubro de 1226, situou no seu “Cántico das criaturas” por vez primeira ao ser humano e á Natureza nunha mesma dimensión. Nel referíase ao noso medio natural como “irmán lobo”, “irmán sol”, “o irmán vento”, “a irmá lúa e as estrelas”, “a irmá auga” ou “a irmá a nosa nai a Terra”. Un cántico que expresa os lazos fraternais que nos unen co medio ambiente.

A importancia da biodiversidade 

A cifra real de cantas especies de animais hai no planeta segue sendo un misterio aínda que se estima que vire entorno aos 1,3 millóns de especies. Pero o que se sabemos é que a diversidade biolóxica é unha das riquezas máis importantes do planeta Terra. O ser humano converteuse na principal ameaza de diferentes especies de animais alternando os seus hábitats e poñendo en risco a conservación destas.

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza ( UICN) estima, na súa última actualización realizada en setembro de 2021 que un 28% do total de especies están ameazadas. Os peor parados son os anfibios, as raias e as quenllas. O 37% destes animais poderían desaparecer nos próximos anos.

Este informe, que serve de referencia á comunidade científica para coñecer a situación das especies no planeta, sitúa a biodiversidade nun estado crítico de saúde.


A sobre-pesca, a contaminación e as actividades do ser humano non fan máis que acelerar a deterioración dos ecosistemas ata o punto de situalos ao bordo da extinción. Reverter esta situación é unha necesidade prioritaria para salvagardar a saúde do planeta e os seus habitantes. Porque ti en que planeta prefires vivir?

É necesario que todos tomemos conciencia da gravidade desta situación xa que se non logramos revertela, a consecuencias serán irreversibles. A nosa diversidade biolóxica está en perigo e con ela, nosa propia existencia. A conciencia cidadá e o compromiso das institucións deben estar orientados a levar a cabo accións que freen esta preocupante situación. 

Por que se celebra o Día dos Animais? 

San Francisco de  Asís foi un dos primeiros grandes defensores dos dereitos dos animais. Naceu no seo dunha familia acomodada e adicou gran parte da súa vida ao coidado e á  protección animal. Por tanto, a Organización Mundial de Protección Animal decidiu conmemorar a data da súa morte como o Día dos Animais. Esta efeméride pretende lembrar a importancia de protexer a todas as especies que conforman os nosos ecosistemas e que, cada vez máis, sofren máis ameazas provocadas pola acción humana.

Con todo, aínda que a loita pola protección animal estivo moi presente ao longo da historia, non foi ata 1978 cando a ONU aprobou a Declaración Universal de Dereitos do Animal. Dous anos máis tarde, o papa Xoán Paulo II declarou a San Francisco de  Asís patrón dos animais e dos ecoloxistas. Con iso, o 4 de outubro comezou a ter especial repercusión a nivel mundial.

Un cinólogo amante dos animais 

Deixando ao carón o sentido relixioso, grupos de activistas, ecoloxistas, sociedades protectoras e asociacións de todo o mundo fóronse sumando co paso do tempo á celebración deste día.

O principal impulsor desta celebración, e de tan sinalada data para a Ecoloxía, foi o escritor Heinrich  Zimmermann, xudeu alemán, editor da revista de gran éxito chamada “Home e Can” e autor de libros como o titulado “Irmán animal”.

Foi nos seus relatos onde Zimmermann expresaba a súa admiración por San Francisco de  Asís, e do respecto que sentía non só polos animais silvestres, senón tamén polos animais domésticos, e en especial polos gatos e os cans. Por esta razón, foron moitos os que consideraban a  Zimmerman como un cinólogo, é dicir, un experto en cánidos. O escritor dedicou gran parte da súa vida para garantir o benestar dos animais.

Artigo traducido ao galego dende Fundacionaquae.org. Consúltao aquí.
Imaxe por Connor Wang 
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando