Os residuos e os ODS

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) son 17 retos nos que se estrutura a Axenda 2030 cuxo fin é lograr o desenvolvemento sostible a nivel mundial sen deixar a ninguén atrás.

02ae6e5a1630dcd28b2e95c9fe7dea7dc56d4c8d
O que se pretende con este plan de acción é erradicar a pobreza, protexer o planeta e garantir que todas as persoas do mundo, sen distinción, gocen de paz e prosperidade mediante o compromiso común e universal de todos os Estados membros da Nacións Unidas.

Ademais, non só os Estados, senón as empresas adheridas ao Pacto Mundial desde o ano 2015 (cando se aproba a Axenda 2030 e os ODS) tamén deben traballar de forma conxunta para a consecución dun desenvolvemento sostible mediante, non só a aplicación dos 10 Principios do Pacto Mundial, senón tamén coa posta en marcha de accións en apoio dos 17 ODS.

Neste sentido, está claro que os residuos supoñen un importante impacto para o medio ambiente e a saúde das persoas e por iso é polo que se tiveron en conta na definición e desenvolvemento de distintos ODS. Así, o ODS 11 e o ODS 12 son os que poderiamos considerar que gardan maior relación coa xeración de residuos.

ODS 11. Cidades e Comunidades Sostibles, que busca lograr que as cidades sexan máis inclusivas, seguras, resilientes e sostibles e que na súa meta 11.6 menciona especificamente a xestión dos refugallos municipais.

ODS12. Produción e Consumo Sostible que pretende desvincular o crecemento económico da degradación ambiental, aumentando a eficiencia de recursos e promovendo estilos de vida sostibles. Este ODS nas súas metas 12.4 e 12.5 expón a necesidade dunha redución na xeración dos residuos e unha adecuada xestión dos mesmos.

Con estes obxectivos, metas e indicadores establecidos para a súa medición e control, o que se pretende é profundar na necesidade dun cambio no noso modelo de consumo, evitando a xeración dos residuos e aqueles que inevitablemente se producen, xestionalos adecuadamente.

En consecuencia, algunhas das actuacións que se poñen en marcha para a consecución destes obxectivos por parte de administracións e empresas son: a implementación de plans de xestión de residuos, a consecución da certificación “Residuo Cero”, a aplicación dos principios da economía circular á xestión dos residuos, a posta en marcha de campañas de concienciación e sensibilización para cambiar os hábitos da reciclaxe e consumo, melloras en canto á eficacia dos servizos de recollida e tratamento de residuos, iniciativas políticas públicas e mellora do marco legal en materia de xestión de residuos, etc.

En definitiva, débese cambiar de mentalidade e entender que a xestión de residuos supón un dos grandes desafíos tanto para o desenvolvemento sostible das cidades como da sociedade en si.

Facer fronte ao reto dos residuos debe ser unha prioridade e a posta en marcha de accións que busquen a adopción de modelos de produción e consumo máis responsables e sostibles, unida a unha xestión adecuada dos residuos pode axudar moito a reducir este problema.

Artigo traducido ao galego dende Comunidadism. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe por Laura Mitulla 
A autora María Álvarez é docente no ISM dos cursos Xestión de Residuos Urbanos e Especialista en Xestión de Residuos
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando