O reciclado ao vestir segue aumentando en Galicia

Galicia non se escapa á conciencia ecolóxica e nútrese, cada vez máis, de pezas recicladas, herdadas ou vintage para estar á moda

E3fb018a41d36873d25c646ae5dd4c7a718cd03e
Estamos a sensibilizarnos sobre a importancia de contribuír ao coidado do planeta no que a moda se refire, dalgunha maneira tentando investir menos en produto novo e máis en herdado ou comprado “ vintage”. 

É algo co que empezamos desde ben pequenos cando había que levar o anorak do irmán maior ao cole, ou, que os teus curmáns che deixasen eses xerséis que aparentemente non se gastaron do todo, mentres que cunha coitela de afeitar a avoa sacáballe as boliñas que se producen polo rozamento na la. 

A conciencia ecolóxica espertou moito antes do que nos imaxinamos, roubándolle pezas no armario ás nosas nais e non cando hoxe en día entramos nunha tenda “old- fashioned” crendo que consumindo alí facemos algo novo. Eses espazos son aclamados polos millennials pola súa sustentabilidade. 

En Galicia cada día abundan máis as tendas nas que atopar este tipo de  estilismos, ademais son moitas as persoas influentes da nosa comunidade que presumen nas súas redes sociais de vestir á última con combinacións nas que non a todo o que levan posto se lle acaba de quitar a etiqueta. 


Recicla, reutiliza, reduce o consumo! 

De nós depende contribuír a que no planeta se viva un pouco mellor. É a capacidade de adaptarse aos cambios e así comprometerse a que non sexa algo puntual proveito de novas necesidades. Quizá sexa menos impactante pero si froito dunha sociedade máis madura. Son novos hábitos de vida que transmiten valores e danse en grupos de cidadáns de toda índole cando antes os modelos nunca se repetían en altos status da sociedade. 


Pero ademais, o consumo de roupa de segunda man é cada vez máis habitual sen preocuparnos de quen foi orixinaria a peza que levamos posta nin tampouco os anos que pode chegar a ter esta mesma, aínda que si do que falamos é “luxo” cantos máis anos teña a peza maior será o seu valor engadido! 

O feito de atopar modelos icónicos das grandes firmas que xa non están nas boutiques e a autenticidade dos mesmos asegurada, para os que sempre haberá algún caprichoso que os prefira a ter o último do último, encarecendo a mercadoría xa que pagas pola súa exclusividade. 

O mercado de segunda man de luxo move máis de 30.000 millóns de euros anuais. Con beneficios que se duplica ano tras ano. Os bolsos son uns dos elementos máis destacados, ofrecendo unha ampla selección nos catálogos das empresas que proporcionan alta gama de artigos de ocasión e cun potencial moi forte na venda para os amantes destes produtos. 

Hoxe en día podes ata participar en poxas de famosos vendendo os seus máis prezados aveños de firmas de alto valor, que en moitos dos casos apenas se puxeron ou utilizaron polo que se están comercializando xoaias sen estrear. 

Outra das opcións é o intercambio, hai plataformas en liña que ofrecen un prezo pola túa moda a cambio de que compres outra peza da súa propia páxina. Dalgún modo é un desconto que recibes por ceder aquilo que non usas ao trocar polo que máis desexas.

Este artigo foi adaptado e traducido dende El Español. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe por Jill Wellington 
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando