O 81% de españois apoiaría medidas máis estritas contra o cambio climático

Os españois están especialmente concienciados sobre o cambio climático, ata o punto de que apoian dunha forma moi maioritaria a adopción de medidas máis estritas por parte do Goberno, incluíndo a creación dun imposto que grave os produtos e servizos que máis contribúen ao quecemento global. 


Case 9 de cada 10 quere suprimir voos curtos en avión para substituílos por tren sempre que sexa posible, segundo unha sondaxe do Banco Europeo de Investimentos (BEI), a entidade financeira da UE.

651b6d1bcfc6b729d5d302c9a083733f7e0ec1a5
Unha ampla maioría dos españois (83%) cre estar máis preocupada pola emerxencia climática que o seu propio Goberno (oito puntos máis que a media europea do 75%). Afirman que as medidas vixentes son demasiado flexibles, polo que os particulares e as empresas non ven obrigados a cambiar os seus comportamentos e prácticas. Por iso, o 58% dos cidadáns españois cre que España non conseguirá reducir drasticamente as súas emisións de carbono para 2050, como se comprometeu nos Acordos de París.

En consecuencia, o 81% está a favor de medidas gobernamentais máis estritas para impoñer cambios no comportamento dos cidadáns, similares ás medidas adoptadas durante a crise da Covid-19. Esta cifra é dous puntos superior á do ano pasado e sitúase 11 puntos por enriba da media europea (70%).


A primeira edición da enquisa sobre o clima 2021-2022 do Banco Europeo de Investimentos (BEI) explora a percepción dos cidadáns sobre o cambio climático e as medidas que esperan que o seu país adopte para combatelo.

Mínimo apoio á enerxía nuclear

Unha gran maioría dos españois pensa que o seu país debería recorrer en maior medida ás enerxías renovables (76%) para facer fronte á crise climática, unha cifra que supera en 13 puntos a media europea (63%).

Os españois con opinións políticas de esquerdas son moito máis partidarios das enerxías renovables que os que teñen opinións políticas de dereitas (a 85% fronte ao 65%), cunha diferenza de 20 puntos.

Os españois sitúan a enerxía nuclear (9%, tres puntos por baixo da media europea do 12%) e o gas natural (4%, dous puntos por baixo da media europea) moi por baixo das enerxías renovables como enerxías que se teñen de desenvolver para facer fronte ao cambio climático.

O 10 % dos españois (o 7% dos homes e o 13% das mulleres) priorizaría o aforro enerxético sobre o desenvolvemento doutras fontes de enerxía para facer fronte á crise climática.

Si a un imposto climático e a recortar o avión

Os españois verían con bos ollos varias propostas para acelerar a loita contra o cambio climático. O 95% está a favor de reforzar a educación e sensibilizar aos nenos sobre o consumo sostible.

O 94% é partidario de impoñer unha garantía dun mínimo de 5 anos a calquera produto eléctrico ou electrónico e o 89% afirma desexar substituír os voos de curta distancia por trens rápidos e pouco contaminantes en colaboración cos países veciños.

Tres cuartas partes dos españois (o 75%) estarían a favor dun imposto sobre os produtos e servizos que máis contribúen ao quecemento global. Incluso o 73% dos enquisados cun nivel de ingresos considerado como renda baixa estaría a favor deste imposto.

«O 89% dos enquisados españois di que quere substituír os voos de curta distancia por trens rápidos. Esta é unha das principais prioridades do BEI en toda Europa. En España, achegamos 890 millóns de euros a  Adif Alta Velocidade para financiar a liña de alta velocidade que conecta Madrid con Estremadura, utilizada por máis de 2,6 millóns de pasaxeiros ao ano. Debemos traballar xuntos, mobilizar recursos do sector privado e investir en novas tecnoloxías disruptivas para alcanzar os obxectivos climáticos que nos fixamos», declarou o vicepresidente do BEI Ricardo Mourinho Félix.



Principais resultados da enquisa para España:

-O 82% dos españois afirma que o cambio climático é o maior reto ao que se enfronta a sociedade no século

-O 81% considera que o cambio climático ten un impacto na súa vida cotiá (+5 puntos respecto ao ano pasado).

-O 83% cre que está máis preocupado pola emerxencia climática que o seu Goberno.

-O 81% dos enquisados españois está a favor de medidas gobernamentais máis estritas que obriguen a cambiar o comportamento dos cidadáns.

-O 58% cre que o seu país non logrará reducir drasticamente as súas emisións de carbono para 2050.

-O 89% di que desexaría substituír os voos de curta distancia por trens rápidos e pouco contaminantes en colaboración cos países veciños.

-O 75% estaría a favor dun imposto sobre os produtos e servizos que máis contribúen ao quecemento global.

Artigo de Verdeyazul traducido ao galego. Consulta aquí o orixinal.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando