Inaugúranse novos composteiros comunitarios no centro de Cambados!

Un novo punto de composteiros comunitarios establécese na vila para facilitar o aproveitamento da fracción orgánica á veciñanza!

E161bd50a7cd60b6a498f7d389c58e1e366bfa12
 Este venres día 22 ás 12:30h na área do Mercado Municipal de Cambados terá lugar a inauguración dos novos composteiros comunitarios, xestionados polo Concello de Cambados e polo programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

Por que esta é unha marabillosa noticia?

- A compostaxe permítenos xestionar unha gran parte do lixo (53% aprox.) a "quilómetro cero". 

- Minimiza o impacto medioambiental, eliminando as emisións de CO2 por transporte.

- Evítase que a fraccion orgánica remate en entulleiras ou incineradoras.

- Dáselle unha nova vida a un residuo: o compost resultante é entregado á veciñanza para que empreguen no coidado das súas plantas e cultivos.

- Créase comunidade, agrupando a persoas que comparten unha mesma filosofía de coidado do entorno natural.

Lembra que enviándonos as túas fotografías levando o compost ás estacións comunitarias ou no teu composteiro individual, consegues estrelas (puntos) que canxear por fantásticas recompensas do mercado local de Cambados! Fáinolas chegar a través de redes sociais ou a info@tropaverde.org.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando