Hoxe e sempre, Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico!

Os Días internacionais celébranse para alertar sobre temas e cuestións de interese, tales como os dereitos humanos, o desenvolvemento sostible ou a saúde, e pretenden chamar a atención da opinión pública de que existe un problema sen resolver. O obxectivo final é que os gobernos tomen medidas e que a cidadanía coñeza unha problemática concreta e esixa aos seus responsables políticos que actúen.  O 3 de xullo de cada ano celébrase o Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico, un día que hai anos podería desaparecer do calendario. 

6bf3346d23f89bd0eb818683da29187048e42271

"Debemos saber que unha bolsa de plástico dun só uso tarda décadas (no mellor dos casos) en degradarse. E faio desprendendo centos de miles de diminutos fragmentos de  microplásticos, xunto a todos os aditivos e tóxicos que poida levar. A cambio o seu uso medio é duns 12 minutos. Algo realmente inasumible desde o punto de vista da sustentabilidade.

En España úsanse unha media de 144 bolsas por habitante ao ano (un total de 6.624 millóns ao ano) e, na Unión Europea, o consumo anual ascende a 100 mil millóns de bolsas ademais doutros centos de millóns de envases de plástico que se tiran a diario (para facernos idea da magnitude do problema). Os estudos científicos son contundentes e preocupantes; hai tantos  microplásticos derivados dos plásticos dun só uso no planeta que xa non só propáganse por ríos e mares senón pola atmosfera: chove plástico en todo o mundo.

E lembra que as bolsas de papel, as biodegradables, compostables, etc… non son a solución, pois seguen sendo obxectos de usar e tirar. A única solución é a súa total eliminación e o uso de bolsas reutilizables."

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando