En total hai máis de 38.500 especies en perigo de extinción

Segundo a última actualización da Unión Internacional para a Conservación da Natureza, o 28% do total das especies avaliadas están ameazadas. Os anfibios, as quenllas e as raias cóntanse entre os máis afectados.  

6878febc0577f95493b7e91d3408bc9c67e9c897
A contaminación mariña e atmosférica, a sobreexplotación dos recursos da Terra; a acidificación dos océanos e o aumento das temperaturas, entre moitas outras causas, están a provocar estragos nos ecosistemas de todo o planeta a un ritmo acelerado. O traballo das organizacións  conservacionistas serve ás veces para facernos unha idea do impacto nunha determinada rexión ou ecosistema, aínda que ás veces é difícil cuantificar a verdadeira dimensión desa traxedia ambiental.

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), dedicada á conservación da biodiversidade do planeta, é un dos marcos de referencia que ten a comunidade científica. Non en balde, a organización conta cunha dilatada experiencia e un gran número de recursos, ademais da colaboración de máis de 1.400 entidades  conservacionistas e máis de 18.000 expertos, feito que a converte nunha autoridade mundial en materia de medio ambiente e conservación.

Miles de especies en perigo

Na súa última actualización da famosa Lista Vermella de Especies Ameazadas a organización concluíu que a humanidade puxo ao límite da extinción máis de 38.500 especies animais e vexetais, o que equivalería ao 28% do total das especies estudadas (un total de 138.374). Os anfibios, as raias e as quenllas son os peor parados.

Establecida en 1964, a Lista Vermella de Especies Ameazadas da Unión Internacional para a Conservación da Natureza evolucionou para converterse na fonte de información máis exhaustiva do mundo sobre o estado global de conservación de especies de animais, fungos e plantas. É un indicador crítico da saúde da biodiversidade do mundo que prové información acerca de distribución, tamaño poboacional, hábitat e ecoloxía, uso e/ou tráfico, ameazas, así como as accións necesarias que axudarán a brindar información aos actores implicados nas políticas de conservación.

Quenllas en perigo de extinción

O 37% das especies de quenllas e raias podería extinguirse De entre todas as especies ameazadas, os informes da UICN poñen o foco nas quenllas e raias do mundo, o 37% destes animais, segundo o estudo podería desaparecer, o que se traduce nun aumento dun 13% respecto a a cifra de 2014.

A organización internacional presentou o informe na presente edición do Congreso Mundial Para a Natureza, celebrado estes días en Marsella, un conclave que reúne cada catro anos expertos internacionais en materia de protección da a natureza co obxectivo de mellorar a xestión do noso ambiente natural para o desenvolvemento humano, social e económico.

Artigo de NationalGeographic traducido ao galego. Consulta aquí o orixinal.
Fotografía por Sense Atelier
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando