Crece o rexeitamento á venda de comida en envases dunha soa dose

“Debemos superar a etapa nas que os esforzos na xestión dos residuos se centraban na reciclaxe; agora a meta debe ser previr a xeración de residuos para incidir nun cambio no modo de produción”, explica Rosa García, directora da Fundación Rezero. 

1b6d525cba93f80072c20dffae81338c81d5c27c
As diversas entidades cidadás e ecoloxistas expresaron o seu apoio á prohibición dos produtos alimentarios servidos en envases dunha soa dose, como sinala o borrador da Llei de Prevenció i Gestió dels Residus que prepara o Govern de Catalunya. É unha das medidas recollidas neste documento, co fin de combater os excesos actuais do sobreenvasado e previr a xeración de residuos. O borrador propón tamén prohibir o “envasado innecesario ou superfluo de produtos alimentarios”, marca diversos obxectivos para reducir envases dun só uso e fixa un imposto para as botellas refugables, entre outras accións.

Tanto Ecoloxistas en Acción como Greenpeace acolleron favorablemente as medidas contidas na lei, sobre todo as referidas á redución de plásticos. "Ogallá a lei estatal (recentemente aprobada) se mostrase tan ambiciosa”, declara Julio Barea, portavoz desta ultima organización. “Agora fai falla que toda esta ambición non se torza e se manteña no texto final”.

Redución e prevención

“Debemos superar a etapa nas que os esforzos na xestión dos residuos se centraban na reciclaxe; agora a meta debe ser previr a xeración de residuos para incidir nun cambio no modo de produción”, explica Rosa García, directora da Fundación Rezero. 

Rosa García puxo como exemplo deste cambio no modo de produción a previsión de prohibir os alimentos en monodose e a supresión das argolas de plástico que suxeitan os paquetes de botellas e latas (como tamén se previu).

O anteproxecto de lei incorpora diversas medidas para combater a proliferación de plásticos e residuos, como a erradicación definitiva das bolsas dun só uso (só poderán ser autorizadas as compostables).

O exemplo do téxtil

E entre as actuacións para diminuír a xeración de refugallos asúmese como meta para 2025 unha diminución do volume de residuos téxtiles do 10% con relación ao 2019 (e da 25% para o 2030).

 Ademais, coa mesma finalidade, os comercios cunha superficie de máis de 1.200 metros cadrados deberán reservar un espazo (lineal ou córner) para a venda de roupa de segunda man.

A Fundación Rezero reclama neste sentido que se inclúan na futura lei medidas de bonificación fiscal para as actividades económicas que operan no ámbito da venda de produtos de segunda man ou a reparación (equipos eléctricos e electrónicos).

Entre as medidas que esta entidade xulga positivas para poñer coto aos plásticos está tamén a prohibición do uso de envases de plástico para os alimentos distribuídos en comedores de centros escolares e servizos de maternidade. 

Artigo traducido ao galego dende La Vanguardia. Consulta aquí o orixinal.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando