Bosques: Demasiado valiosos para perdelos - Día dos Bosques

Cando bebemos un vaso de auga, escribimos nun caderno, tomamos medicamentos para a febre ou construímos unha casa, non sempre relacionamos estas accións cos bosques. Con todo, estes e moitos outros aspectos das nosas vidas están vinculados aos bosques dunha maneira ou outra.

6bc95a5d1c7b92d432d5431ecf4dde37cd27a444
Os bosques son fundamentais para combater o cambio climático, polo que contribúen significativamente ao beneficio das xeracións presentes e futuras. Os bosques tamén exercen un papel fundamental na erradicación da pobreza e o logro de metas de desenvolvemento convidos internacionalmente, incluídos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Pero a pesar dos incribles beneficios ecolóxicos, económicos e sociais que nos brindan os bosques, a deforestación continúa a un ritmo sen precedentes.

Restauración forestal: un camiño á recuperación e o benestar

A perda e a degradación dos bosques xeran grandes cantidades de gases que provocan o quecemento do clima. Por tanto, a restauración e a xestión sostible dos bosques axudan a afrontar esta dobre crise: do clima e da biodiversidade. Ademais, estas actividades xeran bens e servizos necesarios para o desenvolvemento sostible.

O Decenio da ONU sobre a Restauración dos Ecosistemas (2021-2030) é un chamamento global á protección e recuperación dos ecosistemas. Busca poñer fin á súa degradación e restauralos para cumprir os ODS, como mostra o Obxectivo 15.


Antecedentes

En 2012, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 21 de marzo como Día Internacional dos Bosques, sendo 2013 o primeiro ano en celebralo oficialmente.

Os organizadores oficiais son o Foro das Nacións Unidas para os Bosques, en colaboración coa Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), así como a Asociación de Colaboración en materia de Bosques,entre outras entidades e agrupacións.

Sabías que...?

Os bosques albergan máis do 80% das especies animais e vexetais.

Máis de 1 600 millóns de persoas dependen dos bosques para sobrevivir proporcionándolles alimentos, medicinas, combustible e abrigo.

Cada ano, o mundo perde 10 millóns de hectáreas de bosques; unha extensión similar a Islandia. Ademais, a degradación da terra afecta a case 2 000 millóns de hectáreas; unha superficie máis extensa que América do Sur.

Pasar tempo rodeados de árbores potencia o noso sistema inmunolóxico, reduce a presión arterial e facilita a relaxación. Pescuda como os bosques benefician o noso benestar físico e mental.

Artigo traducido ao galego dende UN.org. Consulta aquí o orixinal.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando