As mellores noticias de 2021 sobre redución de plástico desbotable

A prohibición da venda de froitas e verduras en envases de plástico para pesos inferiores a 1,5 kg. Haberá excepcións de alimentos con «risco ao deterioro cando se venden a granel». (Encontrarán algún xeito de saltarse a lei? Todo é posible).

0fc7a120ab3337936bb2f5b45344d676846c512a

 Os establecementos deberán permitir que os clientes leven os seus propios recipientes para enchelos, aínda que se establecerán unhas condicións de limpeza e de adecuación aos produtos por parte dos comercios.

Os establecementos maiores de 400 metros cadrados deberán dedicar polo menos un 20% da súa área de venda a produtos sen embalaxe.

As tendas terán que ofrecer un mínimo de bebidas en envases reutilizables, segundo o seu tamaño poden ser de tres a sete referencias.

A implantación do sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR) no caso de que non se cumpran os obxectivos de recollida de botellas de plástico.

Os establecementos de hostalería e restauración terán que ofrecer sempre aos seus clientes auga non envasada de maneira gratuíta. (Xa era hora)

Prohibición da destrución de excedentes. Non se poderán destruír excedentes de produtos non vendidos, como téxtiles, xoguetes e aparellos electrónicos. (Un hurra! polo sentido común)

Os concellos poderán regular as limitacións de fumar nas praias. 


Máis aló das nosas fronteiras

Outros países tamén anunciaron medidas este ano para prohibir algúns produtos de plástico desbotable, como EscociaIndiaChina o Tailandia.

Francia también anunciaba a prohibición para o 2022 da venda envasada en plástico de 30 tipos de froitas e verduras. Ademais, para 2026 todas as froitas e verduras deberanse vender sen envases de plástico. 

Australia anunciou a prohibición máis chamativa, a do plástico biodegradable. (Sorpresa, no son tan biodegradables como nos dicen). Aquí vos dejamos dous experimentos que fixemos cunha tarxeta biodegradable e unhas bolsas compostables na casa).


É o plastico máis tóxico do que pensábamos?

Parece que si, a Autoridad Europea de Seguridad Alimentaria (EFSA) estableceu unha nova inxesta diaria tolerable de BPA, 0,4 nanogramos por kg de peso ao día. Pode que isto non che diga nada pero es una cantidade 10.000 veces inferior á que ata o de agora estaba permitida. 

Ollo que en Canadá declararon todos os produtos de plástico como tóxicos e prohibírono na fabricación de algúns produtos desbotables. 

Para terminar, o Papa Francisco sorpendeu en xullo con esta mensaxe. “Cuiden la salud del mar, ¡no más plástico al mar!”. 


Artigo de Vivir Sin plástico traducido ao galego. Consulta o orixinal completo aquí.

Imaxe por MrsBrown

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando