"Aire saudable, planeta saudable" no Día Internacional do Aire Limpo por un ceo azul

Neste 7 de setembro, o tema de 2021 para o Día Internacional do Aire Limpo por un ceo azul é “Aire saudable, planeta saudable” que fai fincapé nos aspectos relacionados coa saúde da contaminación atmosférica, sobre todo no que se refire á pandemia por COVID-19.

Ef1f95090cdc5d46af4459bf211ce2223d2adc7c
Este ano reclamos con especial énfase aire saudable para todas as persoas. Así mesmo, a conversación retoma outros grandes problemas como o cambio climático, a saúde humana e do planeta, así como a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. O Día serve para facer un chamamento á acción para aúnar esforzos e reclamar aire limpo para todas as persoas. #AireLimpioParaTodos

Prevención e redución da contaminación atmosférica para mellorar a calidade do aire a nivel mundial

A contaminación atmosférica é o maior risco ambiental para a saúde humana e unha das principais causas evitables de mortes e enfermidades en todo o mundo, responsable de aproximadamente 6,5 millóns de mortes prematuras en todo o mundo (en 2016) atribuídas á contaminación atmosférica en interiores e ao aire libre. Nos países en desenvolvemento, este tipo de contaminación afecta de maneira desproporcionada ás mulleres, os nenos e os anciáns, e en particular ás poboacións de baixos ingresos que a miúdo están expostas a altos niveis de contaminación do aire en interiores e en espazos abertos resultante dos métodos de cociña e calefacción que utilizan leña e queroseno.

A contaminación atmosférica é un problema mundial que ten repercusións de longo alcance debido á súa vasta propagación, e porque, se non se produce unha intervención agresiva, o número de mortes causadas pola contaminación do aire en espazos abertos vai camiño de aumentar en máis dun 50 por cento antes de 2050.

A sociedade ten que soportar os elevados custos desta contaminación xa que ten impacto negativo sobre a economía, a produtividade laboral, os custos de atención sanitaria e o turismo, entre outros. Por tanto, non podemos subestimar os beneficios que suporía investir no control da devandita contaminación e que existe tamén unha xustificación económica para actuar e dispoñemos de solucións eficaces en función dos custos para facer fronte á contaminación atmosférica.

A mala calidade do aire expón un problema no contexto do desenvolvemento sostible para todos os países, en particular nas cidades e as zonas urbanas dos países en desenvolvemento, onde os niveis de contaminación atmosférica son superiores aos límites establecidos nas directrices sobre calidade do aire da Organización Mundial da Saúde. 


Día Internacional do Aire Limpo por un ceo azul

Os Estados Membros asumen a existente necesidade de reducir considerablemente o número de mortes e enfermidades causadas por produtos químicos perigosos e pola polución e contaminación do aire, a auga e o chan de aquí a 2030, e de reducir o impacto ambiental negativo per  cápita das cidades, incluso prestando especial atención á calidade do aire e a xestión dos refugallos municipais e doutro tipo de aquí a 2030.

O aire limpo é importante para a saúde e a vida cotiá das persoas, e a contaminación atmosférica é o maior risco ambiental para a saúde humana e unha das principais causas de morte e enfermidade en todo o mundo que se poderían evitar. Dita contaminación afecta de maneira desproporcionada ás mulleres, os nenos e ás persoas de idade avanzada e ten efectos negativos nos ecosistemas.

A comunidade internacional é moi consciente na actualidade que a mellora da calidade do aire pode axudar a reducir as consecuencias do cambio climático e que as medidas de mitigación do cambio climático poden mellorar a calidade do aire.

Impulsada polo crecente interese en todo o mundo polo aire limpo, e para concienciar sobre a necesidade de facer maiores esforzos para mellorar a calidade do aire, entre eles reducir a contaminación atmosférica, a Asemblea Xeral declarou o 7 de  setembro como o Día Internacional do Aire Limpo por un ceo azul.

O aire limpo e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

No documento final da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sostible, titulado “O futuro que queremos”, os países comprometéronse a promover políticas de desenvolvemento sostible que contribuísen á boa calidade do aire no contexto das cidades e os asentamentos humanos sostibles. Así mesmo, a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible recoñece —na súa folla de roteiro para lograr o desenvolvemento sostible, a protección do medio ambiente e a prosperidade para todos—que reducir a contaminación atmosférica é importante para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Artigo orixinal da UN.org traducido ao galego. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe por Andrew Leinster 
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando