A Xunta declara a prealerta por seca na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa para intensificar o seguimento e salienta que o abastecemento á poboación está garantido

Vázquez Mourelle salienta que esta declaración é un “aviso precoz” que busca a anticipación ante un posible episodio futuro de escaseza de auga, así como a toma de conciencia sobre a necesidade do consumo responsa Imaxe 2 de 42 d

Tras a declaración da prealerta, a Xunta convocará a vindeira semana a Oficina Técnica da Seca para coordinar o seguimento con Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural e remitirá unha comunicación aos concellos das zonas afectadas

B9adc4a908e0532ee09fb8f234e072c86aeeb7fc
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez informou hoxe da declaración do estado de prealerta por seca na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa co fin de intensificar o seguimento da situación, estando garantido o abastecemento de auga á poboación.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, compareceron hoxe en rolda de prensa para dar conta da situación actual dos sistemas de abastecemento de auga na bacía de competencia da Xunta e informar, en tempo real, da activación da declaración do estado de prealerta por seca en 12 dos 19 sistemas de abastecemento da Demarcación.

En concreto, declárase o estado de prealerta por seca nos sistemas de abastecemento do río Verdugo, ría de Vigo e ría de Baiona; Costa de Pontevedra, río Lérez e ría de Pontevedra; río Umia e ría de Arousa (marxe esquerda); río Ulla e ría de Arousa (marxe dereita); río Tambre e ría de Muros; río Xallas, Costa da Coruña e ría de Corcubión; río Castro; río Grande, ría de Camariñas e Costa da Coruña ata o río Anllóns; río Anllóns e Costa da Coruña ata o límite con Arteixo; río Mero, Arteixo e ría da Coruña; e río Mandeo e ría de Betanzos. Os 7 sistemas restantes, correspondentes coa zona norte da Comunidade, mantéñense en niveis de normalidade.


Tal e como indicou a conselleira, a activación do estado de alerta é unha medida preventiva que funciona como un “aviso precoz” que busca a anticipación ante un posible episodio futuro de escaseza de auga, así como a toma de conciencia sobre a necesidade de facer un consumo responsable.


Unha vez declarada a prealerta, a Xunta convocará a vindeira semana a Oficina Técnica da Seca para realizar un seguimento continuo e coordinado da situación xunto con Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural e remitirá unha comunicación aos concellos afectados.

Así mesmo, Augas de Galicia intensificará o labor de control do estado dos sistemas de abastecemento, pasando dun seguimento mensual a un análise cada 15 días e avaliando un abano máis amplo de indicadores.


A conselleira explicou que, de acordo co procedemento establecido no Plan de Seca da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, a declaración de prealerta está sustentada en dúas anomalías detectadas nos datos de precipitacións e de caudais circulantes. Así, no mes de xaneiro indican que o valor medio de precipitacións foi un 64% inferior ao da serie histórica; e o caudal medio dos ríos no mes de xaneiro situouse un 43% por debaixo da media de todos os meses de xaneiro dos últimos 10 anos.


Ethel Vázquez puxo o acento en que estes datos non queren dicir que o abastecemento de auga á poboación estea comprometido, e afirmou que os niveis de ocupación de todos os encoros da Demarcación Galicia-Costa pecharon o mes de xaneiro en situación de normalidade e, polo tanto, o subministro de auga á poboación está garantido.


Salientou que coa declaración do estado de prealerta de seca a Xunta quere así transmitir unha dobre mensaxe de tranquilidade: porque está asegurado o abastecemento de auga á poboación e porque se está intensificando o control para adoptar medidas no caso de que chegue a ser necesario.


Con todo, a conselleira destacou a preocupación da Xunta pola situación na Demarcación Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Goberno de España, polas posibles consecuencias para os cidadáns da falta de chuvias sumada ao baleirado dos encoros permitido o pasado verán.


A conselleira lembrou que Galicia é na actualidade unha Comunidade mellor preparada para afrontar os episodios de escaseza de precipitacións, tras ser pioneira coa aprobación da Lei de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de emerxencia sanitaria, que axudan a blindar o subministro de auga á poboación. Ademais, apuntou que Xunta leva desde o ano 2019 concedendo axudas aos concellos para a elaboración de plans de emerxencia que os axuden a afrontar en mellores condicións eses episodios, con 1,3 millóns de euros investidos en axudas a 104 municipios.


Noticia orixinal da Xunta de Galicia que podes consultar aquí.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando