A Tropaverde de Cambados a pé de rúa!

A Tropaverde achegouse o pasado mércores ao mercado para darse a coñecer entre a veciñanza, aproveitando o emprazamento dos estreados composteiros comunitarios da zona.

66081abb0c224b0643430883d854571f86c9d470
Coincidindo coa celebración da feira, organizouse en coordinación co Concello de Cambados unha acción de rúa. O obxectivo esta actividade foi visibilizar a  osa Tropaverde, explicar o seu funcionamento e incentivar a adhesión de máis persoas a este programa que premia o coidado medioambiental.

Con este fin, repartíronse bolsas reutilizables, folletos informativos con información relevante sobre
o funcionamento da plataforma e organizamos un sorteo para @s afortunad@s que se pasaron por alí ou polo noso Instagram.

Contouse tamén coa cobertura de dous medios locais grazas á colaboración do Concello. O Concelleiro Samuel Lago achegouse para facer unha intervención pública explicando o papel de Tropaverde na concienciación medioambiental en Cambados. Pódelo ver nos seguintes enlaces externos:


Moitas grazas a todas as persoas que nos adicaron un anaquiño do seu tempo!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando