A industria da moda é responsable do 10 % da contaminación global mundial.

A razón de que o seu impacto sexa tan grande é dobre. Por unha banda, a súa cadea de subministración é longa e complexa. Empeza na agricultura (fibras vexetais) e a fabricación  petroquímica (fibras sintéticas), segue pola manufactura para, pasando pola loxística, terminar na venda polo miúdo.

Doutra banda, é un sector que experimentou un crecemento enorme durante os últimos anos debido á emerxencia do que se pode denominar fast fashion (“moda rápida”), por analoxía coa expresión fast food.

45a4320e42eed6825f4d974afa179eb3f077d0fa
impacto ambiental prodúcese a través de catro compoñentes: a auga que se consome, os materiais que se empregan (e refúganse), o uso e eliminación de produtos químicos de potenciais efectos daniños, e o gasto de enerxía.

Vexamos uns datos para ilustrar a magnitude dos seus efectos, extraídos dunha revisión sobre o “prezo ambiental” da moda rápida publicada na revista Nature Reviews  Earth & Environment en 2020.

A industria da moda produce anualmente entre 4 000 e 5 000 millóns de toneladas de  CO₂, o que representa entre o 8 % e o 10 % das emisións globais deste gas.

O seu consumo de auga é un dos máis importantes, cuns 7 900 000 metros cúbicos anuais. É responsable do 20 % da contaminación industrial de auga, debido ás actividades de tratamento téxtil e de  tintado. Contribúe en algo máis dun terzo á acumulación de  microplásticos dos océanos, cunha cantidade anual de 190 000 toneladas.

Tamén xera uns desfeitos téxtiles –incluída roupa que non se chega a vender– de máis de 92 000 toneladas anuais, parte importante das cales termina en entulleiras ou é incinerada.

Se nos fixamos no último medio século, a produción de roupa elevouse de forma paralela ao aumento da poboación ata aproximadamente o ano 2000. Con todo, nos vinte anos transcorridos desde entón, a produción téxtil creceu máis que a poboación. De feito, entre 1975 e 2018 a produción pasou de 6 a 13 quilogramos por persoa. Noutras palabras, tense máis que duplicado. Estímase que a demanda deste tipo de moda crece na actualidade a razón dun 2 % anual.

Ese crecemento tan grande debeuse á capacidade da industria para ofrecer aos consumidores produtos novos moito máis baratos e con máis frecuencia que antes. Os principais produtores desprazaron a compañías tradicionais baseadas na distribución a través de pequenos establecementos e beneficiáronse das posibilidades de comercialización a través de internet. Como consecuencia, as marcas de éxito poñen no mercado hoxe o dobre de coleccións das que poñían antes do 2000, cando comezou o fenómeno da moda rápida.

Creceu tanto a eficiencia da produción, que a pesar do aumento no consumo, o gasto por persoa en roupa pasou en Europa de representar o 30 % da cesta da compra nos anos 50 do século pasado, ao 12 % en 2009 e ao 5 % en 2020.

Esa redución facilita que se compre máis roupa, porque se adquire con maior frecuencia. Nos Estados Unidos adquírese hoxe unha peza de roupa cada 5’5 días. En Europa reduciuse o tempo de uso nun 36 % no últimos quince anos.

industria da moda orientou os seus esforzos para reducir custos e diminuír os tempos de entrega porque iso supón un elemento fundamental do seu atractivo e éxito, pero a humanidade paga un prezo por iso.

Artigo traducido ao galego dende iResiduo. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe por Michal Jarmoluk
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando