5 regras de ouro para conseguir cero desperdicio alimentario

Segundo datos da  FAO, actualmente hai máis de 800 millóns de persoas no mundo que pasan fame, e 1.600 millóns de persoas que teñen problemas de nutrición. Con todo, toneladas de alimentos desperdícianse podendo salvarse de forma fácil e rápida.

3665b3f8e64e342ed1793e5df9f563d63857af9b
Neste sentido, o Goberno de España aprobou un anteproxecto de lei para combater o desperdicio alimentario e empezar a actuar canto antes para remediar este problema en todo o proceso da cadea alimentaria.

Para sumarse a esta iniciativa, aquí tes cinco estratexias moi eficaces:

1.Pasarse a unha dieta saudable e sostible, e poñer en marcha a cociña de aproveitamento.

 Consultar receitas de trash-cooking ou cociña de aproveitamento que axuden a non desperdiciar nin unha faragulla, e ser responsable co medio ambiente e as persoas que non teñen tantos recursos.

2. Preparar un menú semanal e elaborar unha lista só cos elementos que se necesiten. 

Apostar por produtores locais, produtos frescos e prepara un menú. Desta forma, aproveitaranse ao máximo os alimentos e evitarase comprar de forma impulsiva.

3. Revisar e limpar a neveira unha vez á semana. 

Colocar sempre os alimentos frescos diante e ordenar por data de caducidade entendendo a etiquetaxe entre caducidade ou consumir preferentemente.

4. Salvar o excedente de comida dos comercios que se teñen preto. 

Hai moitos establecementos desde supermercados a restaurantes que ofrecen excedente de comida a prezos reducidos. Informarse de como adquirilos.  Existen varias apps  anti desperdicio que axudan reducir o desperdicio ao mínimo con solucións tecnolóxicas.

5. Concienciar aos fillos, familia e amigos do sinxelo que é reducir o desperdicio. 

Compartir, aproveitar e conxelar antes de tirar. Darlle unha oportunidade aos restos e gozar sabendo que se está achegando un graniño de area para reducir emisións de  C02.


Artigo adaptado e traducido ao galego dende gastronomia.com. Consulta aquí o orixinal.
Fotografía de Anna Pelzer

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando