3 millóns $ de multa a unha empresa canadiense por facer afirmacións enganosas sobre a reciclabilidade das súas cápsulas de café

A compañía deberá tamén doar 800.00 dólares a unha organización ambiental, corrixir as súas mensaxes sobre reciclabilidade nos seus envases e facer públicas estas rectificacións nos medios sociais e de comunicación.

D00d1f80316efc02041886853d8da28aa07bfa0d
Desde que apareceron e se popularizaron nos fogares, as cápsulas de café presentaron problemas respecto a a súa reciclabilidade. 

A empresa cafeteira canadense Keurig Canada Inc. chegou a un acordo coa Oficina da Competencia daquel país para resolver os problemas relacionados coas afirmacións falsas ou enganosas sobre a reciclabilidade das súas cápsulas de café dun só uso Keurig K- Cup.

Así, a compañía deberá pagar unha multa de 3 millóns de dólares e doar outros 800.000 dólares a unha organización benéfica dedicada a causas ambientais. Ademais, terá que cambiar as súas afirmacións sobre a reciclabilidade das cápsulas mencionadas nos seus envases, e facer públicas estas correccións na súa páxina web, redes sociais, medios de comunicación e por correo electrónico aos seus subscritores. Igualmente, incluirase nas embalaxes das súas máquinas de café.

Unha investigación previa da Oficina da Competencia de Canadá concluíu que as afirmacións de Keurig sobre a posibilidade de reciclar as súas cápsulas de café dun só uso son falsas ou enganosas nas zonas nas que non se aceptan para a súa reciclaxe. A Oficina descubriu que, fóra das provincias de Columbia Británica e  Quebec, as cápsulas K- Cup non se aceptan actualmente nos programas municipais de reciclaxe.

A investigación tamén concluíu que as afirmacións da empresa sobre os pasos necesarios para preparar as cápsulas para a súa reciclaxe son falsas ou enganosas en determinados municipios. Segundo un comunicado da Oficina de Competencia, «as afirmacións de  Keurig Canadá dan a impresión de que os consumidores poden preparar as cápsulas para a súa reciclaxe retirando a tapa e baleirando os pousos do café, pero algúns programas locais de reciclaxe esixen pasos adicionais para reciclar as devanditas cápsulas».

Ademais da multa, a empresa terá que pagar outros 85.000 dólares máis polos custos da investigación da Oficina.

«Presentar produtos ou servizos coma se tivesen máis beneficios ambientais dos que realmente teñen é unha práctica ilegal en Canadá», afirmou Matthew Boswell, comisario de Competencia. «As afirmacións falsas ou enganosas das empresas para promocionar produtos ‘máis ecolóxicos’ prexudican aos consumidores, que non poden tomar decisións de compra con coñecemento de causa, así como á competencia e ás empresas que realmente ofrecen produtos cun menor impacto ambiental».

Artigo traducido ao galego dende Residuos Profesional. Consulta aquí o orixinal.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando